viernes, 25 de julio de 2014

Baidesendas cumpre un ano

Neste mes de xullo Baidesendas cumpre un ano de andainas. Desde a primeira andaina que fixemos polas rúas de Baiona o 14 de xullo do 2013 realizamos 35 rutas nas que pasamos por 11 concellos diferentes (podedes ollar todas as rutas que fixemos ata o momento na sección de Quen somos). Rutas do mais variado que vos podedes imaxinar pero sempre seguindo a ideoloxía coa que se montou o grupo: pasar un bo rato camiñando e facer rutas nas que poida participar a maioría de xente, ademais de coñecer o noso entorno natural tanto material (petroglifos, mámoas, pontes, monumentos...) como inmaterial (paisaxe, flora, fauna, toponimia, historia...).
Non somos un grupo federado nin profesional, non facemos escalada nin alta montaña, simplemente quedamos os domingos pola mañán para facer andainas duns 8-12 kms nas que imos con moita calma sacando fotos, disfrutando da paisaxe e falando. Asi que se vos animades a camiñar connosco podedes facelo a través do facebook, entrando na páxina do grupo (pulsa aquí). Na páxina do facebook é onde poñemos a ruta que imos facer e onde se queda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario